Saturday 04 de May de 2024

O Concello de Malpica prepara un formulario en liña para solicitar cita previa nas oficinas municipais


Desde hoxe, luns 18 de maio, pódese cubrir na ligazón que se atopa na páxina web..

O Concello de Malpica prepara un formulario en liña para solicitar cita previa nas oficinas municipais. Desde hoxe, luns 18 de maio, pódese cumplimentar cos datos persoais a través da ligazón que habilitou o Concello na súa páxina web.
Nun simple cuestionario, débense introducir nome, apelidos, enderezo de correo electrónico, número de teléfono, a preferencia horaria e o departamento de destino.
Tamén se pode elixir a modalidade preferente da cita, si é urxente ou non e deixar un comentario explicativo.
O alcalde, Walter Pardo, sinala que “será un procedimento ao que teremos que acostumarnos as vindeiras semanas, porque así o require a situación. Pensamos que a mellor idea para xestionar as citas presenciais é así, aínda que tamén temos habilitada a liña do Concello para toda a xente que non poida, ou non o considere así, solicitar cita a través desta ligazón”, destaca o rexedor malpicán.